Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 septembre 2011

UN SAN FROILÁN SEN ROSENDOS, JOSELES E SABINAS

love-oktoberfest_designA miña muller había de pechar un trato cun vasco onte, polo que antecedeulle que estaba casada cun vasco. Non porque lle represente unha fachenda máis intensa, senón porque sabe que un vasco sempre confía máis noutro ca nun erdeldun. Todo o vasco ten unha trascendencia para un vasco. Eu nunca escoitei que algo era "demasiado vasco", aínda que si sufrín a vergoña de escoitar á concelleira de Cultura da Coruña que as festas eran "demasiado gallegas". Afortunadamente, en Lugo, o departamento conta con persoas máis conscientes do concepto nacional e imos ter unhas festas galegas, ignoro se na gradación abonda como acadar a categoría de "demasiado galegas", ou quedan en "nidiamente galegas". Por vez primeira en motitos anos, os programadores de San Froilán saben que San Froilán nada ten que ver co San Isidro, mesmo desbotan que Lugo sexa un arrabaldo de Madrid. Estas festas, para a miña feliz sorpresa, non financiaremos a calefacción no inverno da decadencia no que durmen rosendos revenidos, joseles narcotizados e sabinas afónicos. A programación cubrirá toda o espectro de creatividade galega, dende as inevitables orquestras ata os sons electrónicos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité