
A miña muller había de pechar un trato cun vasco onte, polo que antecedeulle que estaba casada cun vasco. Non porque lle represente unha fachenda máis intensa, senón porque sabe que un vasco sempre confía máis noutro ca nun erdeldun. Todo o vasco ten unha trascendencia para un vasco. Eu nunca escoitei que algo era "demasiado vasco", aínda que si sufrín a vergoña de escoitar á concelleira de Cultura da Coruña que as festas eran "demasiado gallegas". Afortunadamente, en Lugo, o departamento conta con persoas máis conscientes do concepto...
[Lire la suite]