Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 septembre 2011

ALONSO MONTERO PIDE 300.000 EUROS POLA SÚA MARELA

hirst-mother-child-awAlonso Montero é comunista. Case que sempre. O bo dos suxeitos con ideoloxías extremas é que se toleran suspensións temporais nas súas convicións. Alonso Montero é comunista, pero cando houbo que vender o seu arquivo adoptou a apariencia de liberal, que é como lles din agora aos feirantes de toda a vida: "Marxista, si, pero a bibliotequiña polo que vale", pensou cando saía cara o campo da feira. Acudiu a Deputación de Lugo. "300.000 euros e a marela é túa", desafiou ao presidente provincial, segundo cifrouo este. Besteiro explicou que en San Marcos aínda non ben pagan o abrillantado dos solos, que os de Ikea deixaron de fabricar os mobles que se usan coma librarías e que mellor miraba outro comprador. Alonso Montero, como comunista da vella garda, ergue o puño dereito e reserva a man esquerda para a socialdemocracia. Acudiu logo onda o máis keynesiano dos políticos galegos: Baltar. O landeshauptmann ourensán non ten miramentos co déficit -a súa Deputación debe de agochar un refuxio nuclear cunha fábrica de Moeda e Timbre- polo que logo comprou a marela. Ignoro canto lle largaron ao profesor en Ourense, pero logo esqueceu o seu vencello con Lugo. Ben deitou Alonso do acordo con Baltar para acusar a Besteiro de "certa incultura" porque "non sabía nada de min". Besteiro pode informarse sobre o paso fecundo polo Instituto Masculino de Lugo deste docente e da importancia do seu labor investigador pola Wikipedia, que nos sae gratis aos contribuíntes. Sobre a petición, non dubido do elevado valor cultural do fondo, pero cuestiono que sexan tempos para tirarlle o rendemento económico preciso. A maiores, critico que se poida reclamar para ese legado unha plusvalía intelectual cando se aculturaliza ao ofertala en poxa coa finalidade, lóxica, de mercar un televisor de plasma e unhas chinelas que garantan uns pés quentes aínda que a cabeza estea fría.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité