Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 septembre 2011

MUBARAK NON MORRERÁ NA CAMA

CAIRO_ARQUITECTUREDAVID BISBAL, aínda non merecendo máis alta valoración intelectual ca como presunto autor do verso: «Ave María, ¿cuando serás mía?», si acertou ao ofrecer unha visión fonda sobre a Primavera Árabe. Valeuse unicamente de 140 caracteres: «Nunca vin as pirámides de Exipto tan pouco transitadas. Oxalá as revoltas acaben pronto». Con esa parvada, Bisbal resumía o interese exclusivamente exótico que ten Exipto para nós. E digo máis, por non interesarnos, non nos interesa o actual, nin sequera o río que sucaba Agatha Christie en Morte no Nilo. Resolver un crime mentres termas dun cóctel estricando o dedo maimiño na cuberta dun barco debe de ser unha delicia, pero temos que recoñecer que a literatura occidental non atendeu ao Exipto real, que nos conformamos con miralo a través dos ollos costumistas de Naguib Mahfuz. Resulta, por iso, interesante o libro Deseo de ser egipcio (Mondadori), de Alaa Al-Aswany publicado hai sete anos, cando aínda se daba por certo que Mubarak morrería na cama, que é o pasamento favorito dos ditadores, como se teimasen en demostrar o seu talante inofensivo. O autor encabeza o texto cunha longa argumentación -que cheira a excusa- sobre que as súas ideas e as do protagonista non teñen que coincidir -algo que sospeita calquera usuario dunha biblioteca infantil-. A seguir describe o kafkiano proceso para poder publicar o libro mediante a Organización Nacional do Libro. Ao cabo Al-Aswany confesa que, tras entregar toda a súa dignidade con tanta desculpa, rende a paciencia e publica por conta propia. Aínda non entendín para que o explica, se o cliente sempre leva a razón e, no caso deste libro, pagaba el.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité