Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 septembre 2011

ALMODÓVAR FAI UNHA VISITA "PRIVADA" A RIBADEO

privado 1Eu iría comprar o pan ou a algo. Cruceime con el. Esas bochechas, esa ollada de can abandoado nunha gasolineira, o pelo crespo. Almodóvar viña cara min na mesma beirarrúa de Ribadeo pola que me dirixía á panadería ou a algures. Eu estaba soñando, pero sentínme impelido a tratar de entrevistalo. Imaxinan que, por exemplo, o director de De Luns a Venres se informa de que me crucei con Almodóvar e nada lle preguntei? "A nosa responsabiliade empeza nos soños", sentenciounos Yeats. Non atoparía excusa que abastase a sorpresa indignada de Alfonso Riveiro de sabelo. Avancei cara ao reallizador, que miraba un escaparate nunha tenda de surf, cando un escolta me cortou o paso indicándome, en inglés, que non permitiría falarlle. Eu, aínda non sei por que, supoño que porque era un estúpido soño, contarrestei en francés. O realizador nada tardou en sumarse a nós para aclararme, tamén en galiciano, que a súa estadía era privada. Daquela acordei de Jorge Coira, quen se esforzaba a semana pasada en convencerme de que ía gozar dun acto privado e quería mantelo privado. Eu, daquela, estaba en vixilia, motivo de máis para que a profesión me proese sen deixarme acougar. Aínda que, no caso do rabadense, tampouco deixaba de proer no meu ánimo filial o necesario respecto. Almodóvar tamén me era cercano, pero por sona, non por achegamento sentimental.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité