Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 septembre 2011

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)

kippah-white-satin-silver-israel-design-1A primeira hora de onte, segundo deixei aos cativos no colexio, achegueime á miña biblioteca pública de referencia para retirar dous manuais de divulgación científica. O diálogo con Quique Bordell prendeu en min o misto de que, tal vez, a física cuántica me alentase a comprender o atranco palestino-israelí. Unhas horas máis tarde os teletipos asaltáronos cos neutrinos e os periodistas, expertos saltadores en piscinas baleiras, lanzáronse a renegar de Einstein. Segundo lin a Jennifer Ouelette, o alemán describiunos o espazo/tempo coma un folio liso e os cuánticos aplicaron a lupa no papel para indicar que había rugosidades. As leis que rexían o folio non servían para razoar coas rugosidades, polo que non parece que o desmentido sexa novidade. Apoiándome nesas ideas, comprendín que as leis que deberían rexir Oriente Medio, é dicir, dous estados en convivencia, eran inútiles porque unha das partes esmagaba o desenvolvemento da outra comportase coma unha rugosidade invasora das concavidades alleas. A física desvela tamén as opcións e as súas consecuencias. Houbo un momento, segundo rematamos a Segunda Guerra Mundial, no que se abriron tres opcións para recompensar aos xudeos de séculos de malos tratos: Centroeuropa, Arxentina ou Palestina. Consultado un libro encadrado no ámbito mítico, bastante afastado do científico, escolleuse a peor das tres. O malo foi iso; o peor, teimar no erro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité