Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 septembre 2011

O PRACER DUNHA CRÍTICA NEGATIVA

O pracer máis denso que pode sentir un escritor é ler unha crítica mala feita a outro. Que un experto fale ben dun libro teu pode alegrarte unha media xornada, pero o desprezo razoado á obra doutro autor é unha delicia extática. No caso de ser un amigo, non vai faltar unha palmada cálida nas costas, pero co corazón encendido de cinismo. Ás veces un autor se aleda de que opinen positivamente sobre outro, pero soamente se considera que é unha descuberta súa ou que medrou grazas ao seu apoio. "Esta historia trata de dous escritores. Esta historia trata, noutras palabras, de envexa", comeza Kathryn Chetkowich o seu ensaio 'Envexa', publicado en Granta. A escritora, casada coa superestrela Jonathan Franzen -de volta na mesa de novidades con Libertad (Salamandra)- vai describindo o proceso de asistir a como o seu home foi saíndo do lameiro do anonimato que padecían ambos os dous ata acadar a categoría incuestionada de 'novelista norteamericando do século XXI' e ela foi deixando de escribir esmagada polo talento da súa parella. Non era o caso de Zellove_hate_glovesda Fitzgerald, quen empezou a erguer o rañaceos literario do seu home permitíndolle que el asinase os relatos que escribía ela porque era home e podía vendelos máis caros. Non, Chetkowich asume que sentía rabia diante dunha capacidade para contar tan inmensa e tan cotiá porque estaba vivindo con ela. A marea da carraxe foille subindo de nivel ata que chegou a unha marca na que decidiu que sobordara "os límites da miña bondade". "A cada volta sentíame máis espida polo seu talento e o seu éxito. A miña resposta foi negarlle o agasallo de min mesma. Estaba lista para facernos miserables a ambos os dous", confesa a autora.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité