Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 septembre 2011

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN

nothing to sayHai pasados que prefiro deixar onde estaban. Esta fin de semana achegueime ao Laboratorio Europeo de Física de las Partículas (CERN) de Xenebra. Introducínme no acelerador de partículas para sentirme coma Michael J. Fox en Regreso al futuro, aínda que sen desprezar a Máquina do Tempo de Wells. Os neutrinos correron, comigo ás costas, ata 1993. Eu sumaba 18 anos en destino. Supoño que non escolleron ese ano ao azar, malia que ese submundo de microelementos sempre me pareceu dunha anarquía exasperante. Trasladáronme ata o ano no que comecei Dereito en Santiago, unha carreira que non rematei, felizmente para o corpo dos secretarios municipais ao que me destinara a miña nai. O día no que me depositaron os neutrinos era un luns da primavera de 1993, como será hoxe, e estaba anoitecendo. Reencontrei os amigos daquela: Fernando, Xaquín, Héctor, Fran,... todos volveran a novos, coas espinillas florecendo por doquier. Fomos o cinema, para ver El cielo sobre Berlín, e logo a beber uns irlandeses no Paraíso, que se sucederon cuns submarinos no Noya e uns gintonics na inigualable Clangor. Ás catro da mañá despisteime dos amigos para embarcarme, cuns coñecidos, nun Dous Cabalos amarelo rumbo a Sanxenxo. Case que non cabíamos porque eramos seis e levabamos o máis lixeiro nos nosos colos, ao xeito no que os neutrinos me transportaron a min. De Sanxenxo mirei o paseo marítimo e xogamos unha partida de futbolín nun bar con mariñeiros sen afeitar que saudaban ao sol con augardente. Ao rematar, volvemos á casa esmagados polo cansanzo e recoñecendo que o pasado é estúpido, que as cousas carecen de sentido senón se viven no presente que lles corresponde.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 540
Publicité