
Os gardas de seguridade mercan pan. Quero dicir que son normais. Sinceramente, eu desconfiaba de que uns señores sempre dispostos a indicarche o despacho polo que preguntas cunha linguaxe de atestado de Tráfico, fosen vulgares ata o nivel de comprar o pan. Si, onte volvía cos cativos dende o colexio para casa e mirei unha vixilante cunha barra de pan baixo o brazo. Identifiqueina como barra alimenticia e non como bolso de Agatha Ruiz de la Prada porque a rapaza uniformárase en pistacho ata os nocellos. Compraría pan, logo, aínda que...
[Lire la suite]