Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 septembre 2011

CANDO BAUTISTA ÁLVAREZ ATOPOU A JACQUELINE KENNEDY

jackie happy times 1962Jacqueline citoume nun Starsbucks. Sorprendeume o seu interese en vérmonos, pero logo comprendín que se sente soa dende que John F. deixou a presidencia polos balazos de Dallas. Jackie confesoume que o seu home cesou no acoso ás rapazas porque se sente torpe, que agora lle dá por Xogo de Tronos. "Bota horas en liña co seu irmán Bob". Pouco máis me contou, porque comezou a follear o Harper's Bazaar comentando o aburrido que se volvera dende que Capote non destripaba as noites eternas de patinadoras en short e amenceres pálidos en cocaína de Studio 54. Reparei en que Jackie soamente buscaba alguén que tivese vagar a primeira hora da mañá nun día de semana para darlle fala, pero eu andaba abraiado no iPad co recado que Bautista mandara aos 18 alcaldes que se botaron a camiñar polo lado salvaxe. Cando Lou Reed, o lado salvaxe era degradación pura; agora, percorrelo vén sendo ser tan timoratamente socialdemócrata que un acaba paseando asomado ao centro e máis ao pactismo. Tratei de informar a Jackie sobre as seriedades teóricas que non admiten unha fenda de pragmatismo cando ela empezou a laiarse do ostracismo de Galiano preguntándose se volvería vestilo. Eu estaba alí, no medio de Jacqueline e Bautista; tramaba presentalos, unicamente polo morbo de comprobar se os extremos aceptarían tocárense, sequera para bicarse nun saúdo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 455
Publicité