Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 septembre 2011

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO


freudO TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou sen alento en xaneiro, cando quitaron aos pasaxeiros; as embarazadas e os nenos marcharon primeiro, aínda eran uns cantos. Despois trasladaron os outros doentes. A tripulación sanitaria encargouse de recoller os escalpelos e pechar as portas das consultas e os quirófanos. Unha empresa de transportes empaquetou milleiros de historiais, constelacións de esperanzas, buratos negros de decepcións incurables e universos de curacións, moitas veces lindantes coa milagre. Regresei antonte para informar de que o pacente amosa liñas de vida cunha película que se está rodando no seu interior. Jorge Algora e a súa xente aleitan ‘Sen embargo, quérote’ para demostrar que o cinema galega non está empadroado no cemiterio, polo de agora. O director sentíase perplexo de que aquela inmensa nave, á que os lugueses sempre trataron de A Residencia, se atopase desahuciada. Os veciños reclaman que se volvan abrir os seus corredores, como centro para maiores, centro de día, dotación sociocultural,... as propostas son tantas! Entre tanto pasará o tempo e pasarán as estreiteces e, cando queiramos recuperalo, será peor. O deterioro encarece certamente as cousas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité