vendredi 30 septembre 2011

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO

O TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou sen alento en xaneiro, cando quitaron aos pasaxeiros; as embarazadas e os nenos marcharon primeiro, aínda eran uns cantos. Despois trasladaron os outros doentes. A tripulación sanitaria encargouse de recoller os escalpelos e pechar as portas das consultas e os quirófanos. Unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,