vendredi 30 septembre 2011

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO

O TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou sen alento en xaneiro, cando quitaron aos pasaxeiros; as embarazadas e os nenos marcharon primeiro, aínda eran uns cantos. Despois trasladaron os outros doentes. A tripulación sanitaria encargouse de recoller os escalpelos e pechar as portas das consultas e os quirófanos. Unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

jeudi 29 septembre 2011

CANDO BAUTISTA ÁLVAREZ ATOPOU A JACQUELINE KENNEDY

Jacqueline citoume nun Starsbucks. Sorprendeume o seu interese en vérmonos, pero logo comprendín que se sente soa dende que John F. deixou a presidencia polos balazos de Dallas. Jackie confesoume que o seu home cesou no acoso ás rapazas porque se sente torpe, que agora lle dá por Xogo de Tronos. "Bota horas en liña co seu irmán Bob". Pouco máis me contou, porque comezou a follear o Harper's Bazaar comentando o aburrido que se volvera dende que Capote non destripaba as noites eternas de patinadoras en short e amenceres pálidos en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 28 septembre 2011

OS VIXILANTES DE SEGURIDADE TAMÉN COMPRAN BARRAS DE PAN

Os gardas de seguridade mercan pan. Quero dicir que son normais. Sinceramente, eu desconfiaba de que uns señores sempre dispostos a indicarche o despacho polo que preguntas cunha linguaxe de atestado de Tráfico, fosen vulgares ata o nivel de comprar o pan. Si, onte volvía cos cativos dende o colexio para casa e mirei unha vixilante cunha barra de pan baixo o brazo. Identifiqueina como barra alimenticia e non como bolso de Agatha Ruiz de la Prada porque a rapaza uniformárase en pistacho ata os nocellos. Compraría pan, logo, aínda que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 27 septembre 2011

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN

Hai pasados que prefiro deixar onde estaban. Esta fin de semana achegueime ao Laboratorio Europeo de Física de las Partículas (CERN) de Xenebra. Introducínme no acelerador de partículas para sentirme coma Michael J. Fox en Regreso al futuro, aínda que sen desprezar a Máquina do Tempo de Wells. Os neutrinos correron, comigo ás costas, ata 1993. Eu sumaba 18 anos en destino. Supoño que non escolleron ese ano ao azar, malia que ese submundo de microelementos sempre me pareceu dunha anarquía exasperante. Trasladáronme ata o ano no que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
lundi 26 septembre 2011

O PRACER DUNHA CRÍTICA NEGATIVA

O pracer máis denso que pode sentir un escritor é ler unha crítica mala feita a outro. Que un experto fale ben dun libro teu pode alegrarte unha media xornada, pero o desprezo razoado á obra doutro autor é unha delicia extática. No caso de ser un amigo, non vai faltar unha palmada cálida nas costas, pero co corazón encendido de cinismo. Ás veces un autor se aleda de que opinen positivamente sobre outro, pero soamente se considera que é unha descuberta súa ou que medrou grazas ao seu apoio. "Esta historia trata de dous escritores. Esta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
dimanche 25 septembre 2011

OS DE BILBAO NON COMEMOS ESAS COUSAS

DESCONFÍO DAS COUSAS de consumo masivo agás a Coca Cola e as postas de sol. Todo o demáis que agrada a un colectivo é para pensalo con detemento. Moitas veces é unha desconfianza sen fundamento, como aquela avoa vasca do meu amigo Federico. De vella, estaba unha tarde deitada na cama, agardando resignada a sentir a brisa lixeira e fría que anuncia a morte. Na casa cociñaban pulpo e alguén brindouse a ofrecerllo. Achegoullo ao dormitorio, pero foi velo diante e acordar á vida nunha expresión brava de noxo: «Os de Bilbao non comemos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

samedi 24 septembre 2011

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)

A primeira hora de onte, segundo deixei aos cativos no colexio, achegueime á miña biblioteca pública de referencia para retirar dous manuais de divulgación científica. O diálogo con Quique Bordell prendeu en min o misto de que, tal vez, a física cuántica me alentase a comprender o atranco palestino-israelí. Unhas horas máis tarde os teletipos asaltáronos cos neutrinos e os periodistas, expertos saltadores en piscinas baleiras, lanzáronse a renegar de Einstein. Segundo lin a Jennifer Ouelette, o alemán describiunos o espazo/tempo coma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
vendredi 23 septembre 2011

LUGO EN NADA SE ASEMELLA A GRECIA

GRECIA NON é Lugo, din os gobernantes para tranquilizarnos. Un día, xa de adulto, decidín crer nos políticos coma eses amoríos que un atura por non comer as bolsas de patacas en solitario. Máis ca nada por aforrarme disgustos, que ben me chega o recibo do IBI. Agora, un político asegura que a crise helena non ten un aire coa nosa e asinto. No caso grego mesmo é certo. Nada o asemella a Lugo, e non o digo polos iogures, no que estamos lonxe do seu acabado. Eles non poderán pagar a calefacción, pero valoran o seu sistema filosófico e o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 22 septembre 2011

ALMODÓVAR FAI UNHA VISITA "PRIVADA" A RIBADEO

Eu iría comprar o pan ou a algo. Cruceime con el. Esas bochechas, esa ollada de can abandoado nunha gasolineira, o pelo crespo. Almodóvar viña cara min na mesma beirarrúa de Ribadeo pola que me dirixía á panadería ou a algures. Eu estaba soñando, pero sentínme impelido a tratar de entrevistalo. Imaxinan que, por exemplo, o director de De Luns a Venres se informa de que me crucei con Almodóvar e nada lle preguntei? "A nosa responsabiliade empeza nos soños", sentenciounos Yeats. Non atoparía excusa que abastase a sorpresa indignada de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 21 septembre 2011

ALBERTE MARIÑO PECHA (en falso) EDICIÓNS XERAIS

A última vez que estiven con Manolo Bragado, por volta de oito ou nove días, falamos sobre proxectos fallidos. El estaba doente porque Educación decidira que as axudas ao sector estaban de máis, como se estivesen tratando cunha fábrica de Ferrero-Roché. Bragado estaba doente, amolado, perplexo por este recurtar onde se precisa, pero logo, así como é el, animouse e agromou a contarme as vindeiras novidades que ían tirar. Os proxecto fallidos dos que falamos, débense exclusivamente á miña culpa, a que non lle entrego varios libros... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,