Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 octobre 2011

EU NON ESTIVEN CASADO CON JORGE LUIS BORGES NIN CON FERNÁNDEZ MALLO

paula-rego-obraAlgunhas viúvas de persoeiros mundiais teñen cara de oráculo. Outras son discretas e saben que o talento non se transmite por ósmose. Se lles preguntase ás viúvas das caixas galegas, confesarían que un 7% é unha cifra que non se lles aparecía aos finados nin no máis brutal dos pesadelos, pero saben calar educadamente. Sen embargo, hainas que terman peor da súa soberbia. María Kodama vén de decidir -e mesmo de calzar os tacos para lanzarse a unha carreira xudicial- porque está certa, sen lelo, de que ao seu home non lle gustaría 'El hacedor de Borges', de Agustín Fernández Mallo. Eu opino que ao autor arxentino non lle desagradarían os pichacarneiros culturalmente efectistas do español. Ao cabo andan parellos en pedantería afectada e na ampla estima que os condea a terse en alta xenialidade, soamente se diferenzaban na capacidade de Borges para xerar fascinantes mundos de 0 a 100 en dez segundos. Pola miña banda, miro a Mallo coma un personaxe de Rue 13 del Percebe, un escritoriño aniñado no faiado, polo que non lle permitiría poñer a súas mans empastichadoiras en nada que dependese de min. Pero tanto ten que me pronuncie. O meu primeiro atranco para facelo é particular e intransferible; como non estiven casado con Jorge Luis Borges, nada teño que decidir. O segundo -repartamonos as cargas, María-, debe cargalo a viúva porque aínda non se decatou de que, cando máis coñeces a unha persoa, máis te asustas do que che queda por saber dela. Quen é, logo, María Kodama para sentenzar nada?

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité