Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 octobre 2011

NEWTON SACOULLE AS CORES A GOETHE

A IMPORTANCIA dun home mídese pola posición social dos seus inimigos. Ter amigos pouco mérito representa porque calquera levemente benintencionado pode conservar unha presada de afíns a mínimo que sexa amable e lles preste atención. ‘Goethe y Schiller. Historia de una amistad’, que edita Tusquets, flúe coma unha novela porque a boa disposición alenta a que marchen as cousas. Aínda que máis suxestivo cas 2.000 cartas que se enviaron cun cariño entre escritores como o que se poden ter Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco —que non trascende dunha normalidade emotiva— é o xeito no que se desprezaron durante 13 anos ao ancho de Weimar. Goethe acadou amizades grandiosas, como a de Napoleón, que, cando o mirou chegar a paso vivo con sesenta anos, exclamou: «Velaquí un home». Supoño que esperaba unha aparición de Angela Merkel, a súa sucesora alemá no goberno de Europa. O enFarbenkreis_Goethecontro co emperador francés quedou en que se eloxiaron mutuamente e en Bonaparte lle explicou aquilo de «a política é o destino». Como home intelixente, Goethe soubo atender aos rivaiss. Conta Joham Peter Eckermann —un confidente indiscreto como pode ser agora Aurelio Manzano co home de Belén Esteban— en Conversaciones con Goethe (Acantilado), que o escritor fachendeaba dos seus «moitos» inimigos. Mesmo os clasificaba entre os que o odiaban por envexalo, por non aturar o seu éxito, por discrepar de el por envexa e por formular unha teoría óptica. Nesta categoría só entraba Newton. Goethe leuno mal, pero encendeu contra el. Ese rancor cara ao inimigo deunos a peor obra do alemán: ‘Teoría das cores’.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité