Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 octobre 2011

O LEVANTE ESTÁ CHEO DE MICROBIOS

barbie3"O Levante está cheo de microbios", protestaba a avoa de Amos Oz. A vella contraeu unha paranoia tan magna coa suciedade que obrigaba ao home a se erguer co sol para bateren as mantas. O Levante ao que se refería a anciá non era o de Caja Mediterráneo, senón o israelí, ao que emigrara dende a Polonia post-Auschwitz. Oz contoume a teima. O escritor convidárame a cear no kibutz Julda, no que el viviu trinta anos, ata que marchou polo asma dun fillo. Eu cheguei tardeiro, por mor dos longos interrogatorios xeralizados no aeroporto de Ben Gurion. Todos cearan, polo que Amos e máis eu estabamos sós no medio de ringleiras de mesas corridas, no que supuxo para min unha volta ao colexio das monxas, en Ribadeo. Oz é moi educado e logo de sentarmos, interesouse por “como marchaban as cousas” no meu país. Atoeime. Non sabía se empezar polas indemnizacións a financieiros, a crise, os pagos que denuncia Dorribo ou o morto nun lume. "As cousas no meu país, consideradas en conxunto, van mal", confesei. O escritor israelí retrucou que non podían ir peor ca marchaban para eles cando empezaron a construír Israel no epicentro da nada, nun deserto ermo espreitado por millóns de árabes arelando empuxalos ao mar de Haifa. "Mesmo cos microbios que soamente detectaba a miña avoa", engadiu en broma. Daquela pensei en que sempre nos quedará 'Luar'.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité