
"O Levante está cheo de microbios", protestaba a avoa de Amos Oz. A vella contraeu unha paranoia tan magna coa suciedade que obrigaba ao home a se erguer co sol para bateren as mantas. O Levante ao que se refería a anciá non era o de Caja Mediterráneo, senón o israelí, ao que emigrara dende a Polonia post-Auschwitz. Oz contoume a teima. O escritor convidárame a cear no kibutz Julda, no que el viviu trinta anos, ata que marchou polo asma dun fillo. Eu cheguei tardeiro, por mor dos longos interrogatorios xeralizados no aeroporto de...
[Lire la suite]