Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 octobre 2011

OS DIMITENTES E OS DIMITIDOS (DORRIBOS ARIAS)

O creador de Los Soprano, David Chase, estaba un día con gripe, ou se atopaba canso, non sei; tal vez, aburrido. Ese día escribiu un spin off ruín da súa gloriosa serie. Non lembro o nome, pero me soa que o titulou coma alguén que logra triunfar nun deporte calquera. Tony Soprano era o protagonista, aínda que non o encarnaba o actor James Gandolfini, porque rexeitou ter que desprazarse a tony-sopranounha pequena cidade no East Side galego. Sinto se tedes curiosidade por coñecer o nome do intérprete... hummmm... Anda bailándome na cabeza, pero se resiste a concretarse. O positivo é que se dá un aquel con Gandolfini. A serie estaba protagonizada por un pailaroco con millóns de euros, ducias de coches e milleiros de gañas de impresionar, co que logo se rodeou, en frase que usaba o meu pai, de homes, homiños, macacos e macaquiños. A todos eles naceulles a necesidade de acariñarlle o rólex e de que os convidase a viaxes tan caras coma se traballasen para Condé Nast. O protagonista, precisado de aplauso social e cariño de elite, deixouse querer en falso e loubar en interesado. Como mangallón que é, tardou en caer, pero deitárono ao cabo. E anda (con movementos condicionados ás dimensións da cela) ceibando presuntos sobornos a políticos, que acabaron por dimitir ou por saber que as acusacións do noso Soprano xa os dimitiron, polo que tanto vai ter que sexan certas ou falsas. Hai uns días, un dimitido confirmaba a Pachi Vázquez como candidato á Xunta abrindo os brazos para ensaiar nunha aperta osuna que, tras os titulares de Pedro J, nunca se pechará.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité