
A foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores avisados. Rubalcaba, Blanco e Vázquez podían quedar sentados na mesa para sempre xamais que ninguén os botaría en falta. Orozco soubo medir mellor as súas ambicións quedando en alcalde e logrou ser unha calcamonía da súa cidade, que semella non concebir unha fotografía do salón de...
[Lire la suite]