michael-jackson-moonwalkGalicia está empezando a ser analizada polos economistas forenses, eses que nunca se enganan, como modelo para os manuais de Historia da Infamia do curso vindeiro. Se nalgo somos un país único, un cadáver a diseccionar para coñecer o know how de como nos resignamos a desaparecer como colectivo nacional, é na nosa milagre económica: fomos quen de perder as nosas entidades financieiras nun prazo dun mes. Agora, calquera proxecto que se pretenda financiar non será estudado sobre o terreo, senón sobre a pantalla do ordenador a, como perto, centos de quilómetros. Entres mentres, miramos pampos para o o sarcasmo que representan os Catro Magníficos, marchando coas indemnizacións un detrás doutro, executando un silandeiro moonwalk.