Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 octobre 2011

OS ANDROIDES SOÑARÁN CON OVELLAS ELÉCTRICAS EN 'GRANJERO BUSCA ESPOSA'

bladerunner5OS ANDROIDES deberían seguir soñando con ovellas elécticas porque a reforma agraria da Unión Europa acabará por representar unha descarga aplicada nas que restan.Eu recomendo ao meu cativo que soñe con rapazas guapas, porque sempre lle tiven fe á nosa capacidade para programar os nosos delirios inconscientes. Os humanoides, logo, deberían ser programados para soñaren con ovellas eléctricas, tal e como os condeou Philip C. Dick na novela de 1968. O científico Iroshi Ishiguro xa ameaza con ‘xeminoides’ que nos van namorar coa mesma intensidade coa que namoran os protagonistas de ‘Granjero busca esposa’ ás pretendentes. A coincidencia de apelido e de riscos orientais cos de Kazuo Ishiguro provocoume a confusión de que eses augurios foran expresados polo autor de ‘Non me deixes nunca’ (Galaxia). Nesa fición hai moito campo, pero non é esa vaicheboa estética que padecemos no país, senón unhas leiras ordenadas en xardín inglés arredor dun internado deses no que todos aspiramos a ingresar os nosos fillos para que aprenden a comer a froita con coitelo e garfo, e aburran ata o desespero. No colexio de Kazuo Ishiguro viven mozos tan orfos coma ricos que deben marchar ao cumpriren 30 anos. Non poden namorar nin ser pais, pero polo demáis son coma calquera: deben levar unha vida sana durante moitos anos ata que finan. Explícao impecablemente o androide Nexus 6 en ‘Blade Runner’, a película inspirada polo libro de Dick: «Vin cousas incribles (...) Todos eses momentos perderanse como bágoas na choiva. É tempo de morrer». Algo que non afecta aos ‘xeminoides’ nin ás Blackberry, que poden ser devoltos á vida.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité