mardi 18 octobre 2011

GALICIA TERMINAL

A nova terminal da Lavacolla é agora o meu fogar. Cheguei coa sensación de cando alugas un piso, que vas mirando andeis e paredes para ver onde colgas o cadro de Bordell, o lugar preferencial que lles dedicarás ao dvd de Los Soprano e o espazo para a foto de cando mexabas nun ouriñal, feliz porque o tempo era oceánico. A terminal está bruñida como o ceo do Xénese, pero as miñas intencións son ateas. Trouxen o saco de durmir que nunca sei como se abre e as Crónicas de Nova York, porque ninguén conta coma Maeve Brennan a arte de estar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,