19 octobre 2011
COLLEITA VERMELLA
Debo andar daltónico, porque onde o tópico nos amosaba un país verde, agora vexo hai un país vermello. Obviamente, hai delincuentes que son culpables, "non é culpa da Xunta nin das brigadas", como defende o presidente. De acordo. Acontecía o mesmo cando o bipartito, aínda que os titulares incriminatorios daban a impresión de que Suárez Canal andaba tarareando a Daddy Yankee polo monte adiante. Feijoo di verdade cando proclama que nunca houbo tantos efectivos para combater este averno rural, pero non caiamos no sofisma parcial: nunca padecemos un outono hammetiano coma este. A colleita vermella chama por máis investimento en persoal porque, de seguirmos así, o ano que vén non precisaremos combater nada. Daquela poderemos aforrar.
Publicité
Publicité
Commentaires