Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu caso; senón a España no seu senso de estrutura administrativa. Borrado o terrorismo como factor de presión e condicionamento na vontade vasca, asistiremos -probablemente xa o 20-N- a unha redefinición do mapa dos tres territorios da CAV arredor de catro puntos cardinais, que son as catro forzas maiores. Un factor a Bacon, Portrait of Lucian Freud 1965subliñar é que serán as primeiras votacións pacíficas e, polo tanto, libres. Iso vai representar un salto cuantitativo do independentismo de esquerdas case que -senón é desta volta, será nas autonómicas- ata acadar Amaiur a condición de maioritario. Como Rajoy e Rubalcaba son dous factores esóxenos na análise electoral de comunidade autónoma, mesmo sera posible unha segunda posición de orientación nacionalista tamén, co PNV. A maiores, Amaiur podería ser a segunda candidatura máis votada no territorio foral navarro. Iso marca un goberno de confrontación nacional en Madrid. Rajoy, con toda a templanza que procure para agochar unha lendaria indecisión, vai estar condicionado por unha boa parte da súa formación e por unha amalgama mediática que, perdido o referente informativo-publicitario do ataque incansable e insaciable a Zapatero e desaparecida ETA como factótum omniexplicatorio do mal soberanista, terá que virar a agresividade cara aos gobernos (actual) catalán e (futuro) vasco. Esa dialéctica de choque dará en alimentar a concreción do propio devezo independentista, que ata o de agora estivo agardando nun plano desiderativo para moitos nacionalistas.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
moitas grazas. a ver...
Répondre
C
Moi boa análise, oxalá acerte nos pronósticos
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité