Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 octobre 2011

O TIRACOIOS DE ENEKO

Hai uns mediodías vin unha vixilante de seguridade cunha barra de pan baixo o brazo. Pola idade que representaba, non viña de nacer. Daquel pensei que era unha novidosa pedagoxía policial como xeito de combater á delicuencia. Se descubres a un chourizo, tes que envolvelo en pan. Xa sabedes, como ese único chiste que contan os 15M. Teñen tan altos os niveis de carraxe que nin acertan a relaxarse cunha brobread-shoes-2ma. Reparei ao cabo en que sinxelamente se trataba de que a axente rematara a xornada e aproveitara para comprar o pan. Eneko tamén compraba o pan. Coñecino con 7 ou 8 anos. A súa nai fora amiga íntima da miña. Parara coa familia en Ribadeo con idea de visitarnos. Xogamos a algo, a calquera cousa. A porta ao xardín estaba aberta a setembro. Os meus pais non daban acougado tras a visita. O máis cerca que estiveran da política foi a candidatura do meu pai a director do seu instituto. Ser anfitrións de Lourdes, Gotzon e os seus fillos, Eneko e Ibon, causáralles espanto. Non resultaba excepcional que unha parella da Garda Civil premese no noso timbre para pedir datos. Os datos eran sempre os mesmos. Os gardas ben os coñecían porque o cuartel ficaba a 200 metros da casa e eu andaba nun conflito armado de tiracoios cos seus fillos. Supoño que eramos vascos, supoño que o gobernador civil tiña que xustificar a confianza de Franco. O meu pai non durmiu aquela noite. Moitos anos máis tarde, na feliz democracia, a miña nai faloume da causa de declarar un alto o fogo na súa amizade con Lourdes: “Está totalmente metida na Organización”. Hai uns meses, detiveron a Eneko na súa casa de Londres cando volvía de comprar o pan. Fora xefe militar.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité