dimanche 30 octobre 2011

PERRUQUEIRO DE ANXOS

O traballo de perruqueiro paréceme pesadamente tedioso. Consiste en botar a xornada cos brazos erguidos como se foses bailar unha muiñeira, pero soamente para recurtar o cabelo a uns señores que non teñen máis ca présa e esixencia de que se acepten a súas teorías futbolísticas, ou a unhas señoras que follean o Hola! predispostas ao desgusto co peiteado que concebiches para a morfoloxía da cara. O meu oficio é ben outro, co que me aforro a incomodidade de darlles a razón a todo os señores que reformarían o IBI. Se ben é certo que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,