lundi 31 octobre 2011

UN ZUME DE LARANXA QUE NUNCA SUFRÍA A SOEDADE

TRUMAN CAPOTE almorzaba zume de laranxa. Tomaba varios máis ata o xantar. E tamén despois. O seu avogado, Alan Schwatrz, sabía que a laranxa ía emparellada de vodca. Non dubidaba porque se citaban diariamente. Hai que ser tan peculiar como Capote para que un dos teus mellores sexa o teu avogado. Esa relación permitiunos gozar dunha noveliña estival e pícara como ‘Cruceiro de verán’ (Galaxia). Partindo dunha versión orixinal de 1943 e de centos de apuntamentos con rehabilitacións e melloras que se demoraron dez anos, varios expertos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

dimanche 30 octobre 2011

PERRUQUEIRO DE ANXOS

O traballo de perruqueiro paréceme pesadamente tedioso. Consiste en botar a xornada cos brazos erguidos como se foses bailar unha muiñeira, pero soamente para recurtar o cabelo a uns señores que non teñen máis ca présa e esixencia de que se acepten a súas teorías futbolísticas, ou a unhas señoras que follean o Hola! predispostas ao desgusto co peiteado que concebiches para a morfoloxía da cara. O meu oficio é ben outro, co que me aforro a incomodidade de darlles a razón a todo os señores que reformarían o IBI. Se ben é certo que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
samedi 29 octobre 2011

ADMINISTRACIÓN CONCURSAL

Rajoy dialogou comigo en confianza a través dun libro, como se pretendese situarse nun plano mítico, nunha dimensión elexíaca superior á miña. Ese que el mesmo nega ao presentarse como unha persoa cotiá. Como se un señor misado na Peregrina que foi paseado en carricoche inglés pola Verdura, como se un rexistrador da propiedade que cobra por selo sen un apuntamento de actividade, puidese ser experimentado como próximo. Así que me falou en confianza de su vida y su proyecto para España, ese texto que disque lle redactou de escoitada un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
vendredi 28 octobre 2011

DESENROSCANDO A BOMBILLA (DA MIÑA HISTORIA PERSOAL DE EUSKADI)

HAI UNHA SEMANA que estaba desenroscando unha bombilla e Eta paraba a fábrica de sangue. No alto da escaleira, acordei de Wilson, El Inglés, fronte a unha cheminea de 1996 comentando a gargalladas como os enganara o compañeiro de comando, El Lobo. Pasaran dúas ducias de anos dende que asistira, horrorizado, na Rapadoira ao relato dun policía instruíndo a uns mozos sobre os usos alternativos das toallas molladas e os listíns. Daquela un tío que traballaba en Lemoiz miraba todas as mañás os baixos do coche. Pasara un lustro dende... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
jeudi 27 octobre 2011

OS SOCIALISTAS TAMÉN LEN AS ENQUISAS DO ELLE

Sarkozy chamoume esta noite. El insiste no convite. Eu xa lle retruquei, razoadamente, que os franceses non aceptarían que un estranxeiro fose o padriño da filla dun seu presidente. Nicolás nunca se rende: "Carla tamén é italiana, e mira como a queren", volveu xirar a roda do muíño. Pero Carla marchou de Italia por que as Brigatte Rosse querían deixala orfa de pai. Ademáis, canta 'Quelqu'un ma dit' nun bisbar tan sensual que nin Lucía Pérez logrará cando se faga rotundamente muller. No fondo, estou por aceptar, pero temo defraudar á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,
mardi 25 octobre 2011

O PECHE PATRONAL DE ETA AFORRARAME UN CUARTO DE HORA EN CADA VIAXE

Cada vez que me paraban nun control de estradas era o mesmo. Apelidos: Jaureguizar Ortiz de Zarate. Nacido en: Bilbao (Vizcaya). O meu DNI non relata que botei o 90% da vida en Galicia. Cando me paraban no país, aínda disimulo a condición de presunto vasco falando en galego, pero fóra ninguén me evitaba unha consulta á central para saber se estaba fichado como abertzale potencialmente perigoso. Cando os etarras anunciaron que ían comportarse como persoas civilizadas pensei nos axentes que máis se implicaron en lograr ese salto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,

mardi 25 octobre 2011

O TIRACOIOS DE ENEKO

Hai uns mediodías vin unha vixilante de seguridade cunha barra de pan baixo o brazo. Pola idade que representaba, non viña de nacer. Daquel pensei que era unha novidosa pedagoxía policial como xeito de combater á delicuencia. Se descubres a un chourizo, tes que envolvelo en pan. Xa sabedes, como ese único chiste que contan os 15M. Teñen tan altos os niveis de carraxe que nin acertan a relaxarse cunha broma. Reparei ao cabo en que sinxelamente se trataba de que a axente rematara a xornada e aproveitara para comprar o pan. Eneko tamén... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 24 octobre 2011

O MOMENTO NO QUE GALICIA QUEDOU CONSERVADA EN SAL

GALICIA tivo un momento idóneo na súa Historia. Como esa tarde no que os adolescentes acertan a coordenar piercing e montura de gafas. Pegerto Saavedra, o catedrático de Historia Moderna, situoume naquel tempo próspero: o textil no interior, as ferrerías nas montañas do Leste, as curtidurías na bisbarra de Santiago, a pesca en todo o litoral. A nosa achega demográfica era do 13% estatal. Iamos sobrados a respecto de Cataluña. As condicións eran inmellorables para sermos un país dos que galopan nos séculos. Pero algo fallou.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,
dimanche 23 octobre 2011

A ESTATURA DO CALÇOTEIRO

TODO HOME PRECISA dun amigo ao que podia confiarlle un churrasco. No meu caso, Lois conta con toda a miña confianza para ocuparse de asar tres quilos de costeleta e media ducia de criollos porque é un experto. Niso, e en calquera outra ocupación que lle cause curiosidade. Lois é un sabio discontinuo e consecutivo, ponse cunha cuestión e fedella nela ata sabelo todo para logo pasar a outra. A pasada fin de semana convidoume a un churrasco. Non apoño reparo ao seu oficio: a maiores de saber escoller o porco, de fornecerse de ramallos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
samedi 22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu caso; senón a España no seu senso de estrutura administrativa. Borrado o terrorismo como factor de presión e condicionamento na vontade vasca, asistiremos -probablemente xa o 20-N- a unha redefinición do mapa dos tres territorios da CAV arredor de catro puntos cardinais, que son as catro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,