mardi 11 octobre 2011

QUERO ESCACHAR ESCAPARATES PORQUE TODOS TEÑEN ALGO QUE DESEXO

MAEVE BRENNAN confesaba que «se houbese un disturbio levaría un pedrolo a Madison Avenue, pecharía os ollos e tiraríao, porque a penas hai un escaparate que non conteña algo que desexo». Brennan, intuía que a sociedade prepara o crime e o delincuente cométeo. Ela foi preparada pola sociedade para ser sofisticada. De feito, con 27 anos, en 1949, foi vivir a Manhattan, a zona máis elegante daquel Nova York ruín que nunca visitaba. Facer unha excursión pola miseria dos demais dáballe preguiza, confirmaba a escura sensación de que o resto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

lundi 10 octobre 2011

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO

A foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores avisados. Rubalcaba, Blanco e Vázquez podían quedar sentados na mesa para sempre xamais que ninguén os botaría en falta. Orozco soubo medir mellor as súas ambicións quedando en alcalde e logrou ser unha calcamonía da súa cidade, que semella non concebir unha fotografía do salón de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
dimanche 9 octobre 2011

DORRIBO TIRA DO TOP MANTA

Jorge Dorribo ameazou hai tempo con "tirar da manta" se non o quitaban do cárcere. Desconfío de que a xuíza que o meteu vai rebaixar un grao da súa determinación pola ameaza de tirón, pero el amaga, que maior ocupación non debe de ter. Polo de agora, arramplou con dous posibles candidatos a presidentes da Xunta e cun conserxe parlamentario. Dorribo, que ten algúns trazos hemingwayanos, disparou varios cartuchos a pezas que están en tempada ata o 20-N. Pero -regreso a onte- son tantos os homes, os homiños, os macacos e máis os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:57 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :
samedi 8 octobre 2011

FÉLIX ROMEO, UNHA BÓLA DE LUME

Félix Romeo era unha bóla de lume. Aquela noite outonal de 1999 falamos por teléfono sobre algo persoal, pero fundamentalmente a respecto de Fole mentres el miraba un partido do Schalke 0-4. El exercía de conserxe na Biblioteca de Babel. Meses máis tarde acudín con Aníbal Malvar ao único edificio de Madrid que para min ultrapasa o arquitectónico. Convocara un cónclave aragonés no seu apartamento: lembro a Pisón tan serio como retranqueiro; a Labordeta, tan falangueiro e cercano como cando finxía que un país lle cabía na mochila -a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
vendredi 7 octobre 2011

OS DIMITENTES E OS DIMITIDOS (DORRIBOS ARIAS)

O creador de Los Soprano, David Chase, estaba un día con gripe, ou se atopaba canso, non sei; tal vez, aburrido. Ese día escribiu un spin off ruín da súa gloriosa serie. Non lembro o nome, pero me soa que o titulou coma alguén que logra triunfar nun deporte calquera. Tony Soprano era o protagonista, aínda que non o encarnaba o actor James Gandolfini, porque rexeitou ter que desprazarse a unha pequena cidade no East Side galego. Sinto se tedes curiosidade por coñecer o nome do intérprete... hummmm... Anda bailándome na cabeza, pero se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 6 octobre 2011

O LEVANTE ESTÁ CHEO DE MICROBIOS

"O Levante está cheo de microbios", protestaba a avoa de Amos Oz. A vella contraeu unha paranoia tan magna coa suciedade que obrigaba ao home a se erguer co sol para bateren as mantas. O Levante ao que se refería a anciá non era o de Caja Mediterráneo, senón o israelí, ao que emigrara dende a Polonia post-Auschwitz. Oz contoume a teima. O escritor convidárame a cear no kibutz Julda, no que el viviu trinta anos, ata que marchou polo asma dun fillo. Eu cheguei tardeiro, por mor dos longos interrogatorios xeralizados no aeroporto de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mercredi 5 octobre 2011

VIN CAIXAS DE AFORROS ARDENDO MÁIS ALÁ DE ORIÓN

Esta madrugada vin caixas de aforros ardendo máis alá de Orion. Unha serie de mandos, os mellor informados e máis acomodadamente situados, abandonaban a nave nodriza en foguetes veloces con boa capacidade de carga e as bodegas ateigadas de provisións dende a gran plataforma. Un nunca é demasiado vello para xubilarse, pero un deles lograba superar todas as marcas anteriores. Canda el despegou outro aspirante a Guinnes: alguén que gozaba dunha idade excesivamente pubertil para retirarse. Unha integrante da dirección federada... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 4 octobre 2011

O ACENTO GALEGO QUEDOUNOS NUN 6.8%

O acento co que falan os vellos hoteis fascíname. Gústanme eses hoteis que ocupan mazás completas porque os reformistas de primeiros do século XX os deixaron como tarefa pendente mentres derrubaban rúas completas ata acabar por esquecelos. Eses hoteis falan tantos idiomas como bandeiras exhiben na fachada. Indubidablemente, tanto pendón procura ofrecer unha aperta identitaria ao cliente, pero o seu acento é sempre felizmente idéntico: o de lugares que son humanos pola cantidade de persoas que os formaron a base de gozalos durante... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 3 octobre 2011

NEWTON SACOULLE AS CORES A GOETHE

A IMPORTANCIA dun home mídese pola posición social dos seus inimigos. Ter amigos pouco mérito representa porque calquera levemente benintencionado pode conservar unha presada de afíns a mínimo que sexa amable e lles preste atención. ‘Goethe y Schiller. Historia de una amistad’, que edita Tusquets, flúe coma unha novela porque a boa disposición alenta a que marchen as cousas. Aínda que máis suxestivo cas 2.000 cartas que se enviaron cun cariño entre escritores como o que se poden ter Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco —que non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
dimanche 2 octobre 2011

CONVIVO CUNHA BOTELLA DE XENEBRA

HAI ANOS QUE convivo cunha botella de xenebra. Sempre é a mesma e concreta botella de xenebra. O meu pai aburriu de cear na casa e redondear as sobremesas esmoleando xenebra nos bares dos soportais cercanos. Unha noite apareceu na casa cunha Bombay Sapphire. Era azuliña e tenra, coma os ollos que lles nacen ás crías de gatos. Ao rematar aquela cea, posouna nun andel coma un trofeo infantil de baloncesto. Alí quedou. Non menos certo é que o retrato da raíña Victoria na etiqueta méteme respecto colonial. Segundo fachendean os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,