Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 novembre 2011

A IMPORTANCIA DA POSESIÓN DO BALÓN

Un balón cambiou a vida do meu fillo. Pasoulle como a Maradona, que cando era cativo puido deixar de recoller pesegos e laranxas a piques de apodrecer. Antón ten cinco anos, pero teima en xogar ao fútbol no Campín dos Curas con rapaces que lle dobran a idade. Tras unha chea de intentos veraniegos sendo rexeitado, levou a súa pelota para xogar co pé ao frontón que serve de parede á igrexa de Santa María do CampoDollar Bill Pillow Ball_PB131. Daquela, foi convocado para un partido da informal Champions League dos Alevíns Ribadenses. Agora nunca vai ao Campín dos Curas sen pelota. A súa non supera en cualidades técnicas a outras, pero afirma nunha inscrición que se usou no último Mundial, o desputado nese país onde os brancos se poñían morenos ata certa tonalidade, mais non plus, pois padecerían o seu sistema de discriminación cutánea. Eles superaron o apartheid con eleccións; o meu fillo, cun balón branco. A democracia ten estas peculiaridades, que todo é moi equitativo, universal e o carallo da vela, pero quen posúe a pelota reparte xogo. Que lle pregunten a ese señor de que encabeza as enquisas a Moncloa, 1. Resulta estomagante asistir a esta despedida de solteiro opositor, na que os que máis rexeitaban presentalo como candidato, sexan agora os que reservan restaurante e non deixan pasar unha ronda sen pagar. Conto con que se relaxen o 20-N, cando o presidente electo porá a cada un no seu lugar, como conto con que o meu fillo gañe en presenza e participación no Campín dos Curas. Ao primeiro, Antón botaba os encontros mirando pasar a bóla por babor e estribor. O neno alenta un pragmatismo ilusionado; tras meses sen rozar a pelota, logrou que lla pasen. Acabará repartindo xogo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité