Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 novembre 2011

CARMEN LOMANA, PEDRO J, SARTRE E MÁIS EU

sartreCarmen Lomana non me convidou a valerlle en '¡Mira quien baila!'. Para ela son un imperfecto descoñecido porque coñece un chisco de min: sabe que son 'galleguiño'. Ando beirando ser perfectamente 'galleguiño', pero ela definiume así nun tweet, non dou repescado a conto de que. Leu unha broma que cruzaba con @millanfernandez sobre un comentario seu e retrucoume. “Menos bromas, galleguiño”. Fóra bromas, contestoume. O domingo lin que concienciaba a @pedroj_ramirez de que “a vida é moi curta” e retuiteeino situando a @carmen_lomana entre Sartre e Camus. Sorprendeume Lomana respostando que gozara moito de Sartre na mocidade. Nunca me representei tan elevadas lecturas nunha 'negurítica', como cualifica a miña nai aos veciños de Neguri, a zona máis rica de Bilbao, aínda que soe a redundancia. Máis ben a imaxinaba nunha lixeira posta de longo no Carlton. Pero Lomana tamén tivo o seu maio do 68, tamén padeceu a diatriba entre Sartre e Camus, entre os Rolling e os Beatles. Daquela, eu a penas podía decidir entre Nesquick e Cola Cao, pero dúas décadas máis tarde agarreime ao pestixio de Camus porque Sartre era denso e adormentador. Aburriume 'O noxo', pero descoñecía a tensión sexual das cartas con Simone de Beauvoir. Contareillo a Carlotti para que produza unha miniserie. O amor sempre foi máis emocionante ca filosofía. Carmen ben o sabe.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité