
OS MANDOS A DISTANCIA e os botóns das vitrocerámicas deberían traer a mesma advertencia que os medicamentos: mantéñanse fóra do alcance dos nenos. Os televisores aínda permiten bloquear certos contidos, pero ninguén che vai librar dun capítulo dobre da Dora La Exploradora, dunha nova versión de ‘Cincenta’ ou dun deses microespazos nos que un cocodrilo aprende aos teus pequenos que deben cepillar os dentes tres veces ao día, como se un reptil humanizado polo Anime Studio Debut 7 estivese capacitado para suplir a túa capacidade...
[Lire la suite]