Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 novembre 2011

BRANCOS, INDIOS E NEGROS, TODOS ELES ESPIDOS E BERRANDO COMA TOLOS

nenufares-del-amazonas-4072XABIER QUEIPO vive no corazón da escuridade, no centro de África. A causa soamente o coñecen Conrad e máis el. Conrad xa nos conta en Tifón (traducido por Queipo para Sotelo Blanco) as súas motivacións para navegar lonxe das augas xurisdiccionais de Polonia, que non son diferentes ás de Theordor Roosvelt. O expresidente norteamericano percorreu e cartografou El Río de la Duda, como conta na crónica homónima que nos regalan agoran as Ediciones del Viento. Roosvelt navegou o Mato Grosso e máis o Amazonas. Queipo é todo o moreno que se pode saír de Samil, pero non ten problema en tomarlle o café a un negro, comprarlle pan a un negro ou mercarlle un voo a un preto. Hergé non era tan recatado na diatriba racial, como hai quen intúe en Tintín en el Congo (Juventud), agora denunciado. Queipo está avencidado no Matongué,o barrio senegalés da Bruxelas pálida e cristiá polo seu traballo nas institucións europeas, pero preferiría estar empadroado na liña do horizonte, como ben demostra en Extramunde a novela co que gañou outro premio, o Xerais desta volta. O Nosa Señora das Augas Santas cruza o Atlántico e o Índico coa mesma forza que Tintín percorre o mundo na procura de emocións e dun tesouro en ‘El secreto del unicornio’, a obra mestra de Spielberg e Jackson. No fondo, o motivo da aventura nolo resume Antón Coello en Extramunde: «Estou certo de que máis dun oficial me traizoaría só para se embarcar nunha aventura de piratería». O importante é a aventura por riba das razas, porque, como refire Roosvelt «a nosa expedición está composta de brancoS, negros e indios; todo eles espidos e berrando coma salvaxes».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité