mardi 8 novembre 2011

OS 300 DE ARBO BATEN O COBRE

A outra noite reparei nun corentón que camiñaba coa ollada nas puntas do zapatos polo centro envellecido de Lugo. Supuxen que o vampirizara a tristura ambiental á que nos condeou Goldman Sachs. Vin agacharse o home cara ás lastras, temín que bicaría a rúa da Cruz imitando o efectismo de Xoán Paulo II. Pero estaba enganado, recolleu algo coa tenrura coa que se recolle un pardal discapacitado por un erro no plan de voo. Nas súas mans aniñaba unha cavicha, un tercio dun cigarro que uniría a outro para construír un frankenstein saboroso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,