
Eu xa estivera en París, pero descubrín o espírito da cidade en Buenos Aires, que é coma unha réplica das covas de Altamira. A capital arxentina foi erixida por arquitectos franceses Atlántico por medio co Google Maps da altura: uns planos do solar. Ao longo de décadas habitamos francés, comemos francés, pintamos francés, bailamos francés, aprendéronos francés. O eixo da cultura viaxou cara ao norte, cunha paradela en Berlín. Agora habitamos nórdico, lemos nórdico, conducimos nórdico, vestimos nórdico, durmimos baixo fundas...
[Lire la suite]