Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 novembre 2011

FRAZIER ESTABA CANSO PORQUE MORRER DEBILITA MOITO

frazierEu falaba coa miña muller a través do móbil en plan grego. Decidíamos en referendum doméstico se pagabamos a hipoteca ou exercíamos a democracia contra Bankia. O espectador sentado ao meu carón termaba do sombreiro coas mans rabuñadas de fendas coma se o chapeu fose prender o voo. Chistoume. O combate empezaba. Muhammad Ali vs. Frazier outra vez. “Rumble in the jungle”, que ruxiu Mailer. O boxeo paréceme un xeito exquisitamente burgués de evitarse visitar os arrabaldos para gozar o morno calor do sangue que estoupa dende unha cella. Muhammad Ali logo empezou a levitar sobre a lona coma unha bolboreta. El era o campión, sempre o fora, pero sabía que o tempo marcháballe entre as luvas. A súa oportunidade para facer esquecer as últimas derrotas era picar coma unha abella, coma aquela volta en Kinshasha na que deitou a Foreman sobre o traking das enquisas. Ali bomayé!, berraban os seus para catapultalo no cadrilátero. Pero, ás veces, os tempos desminten á épica e as correntes históricas manteñen o seu fluxo incesante e poderoso. Frazier estaba canso porque morrer debilita moito. Aínda así, informárano de que, tras varias caídas na lona, o cinto dos pesos pesados levaba gravado o seu nome. Soamente debía conformarse con ser fiel ao seu estilo. Limitouse a tapar os ángulos do seu rival e agardar a gañar por puntos no 20N.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité