
Eu falaba coa miña muller a través do móbil en plan grego. Decidíamos en referendum doméstico se pagabamos a hipoteca ou exercíamos a democracia contra Bankia. O espectador sentado ao meu carón termaba do sombreiro coas mans rabuñadas de fendas coma se o chapeu fose prender o voo. Chistoume. O combate empezaba. Muhammad Ali vs. Frazier outra vez. “Rumble in the jungle”, que ruxiu Mailer. O boxeo paréceme un xeito exquisitamente burgués de evitarse visitar os arrabaldos para gozar o morno calor do sangue que estoupa dende unha cella....
[Lire la suite]