vendredi 11 novembre 2011

GALICIA NON CHORA, OPOSITA

GALICIA NON chora, aspira a ser funcionaria. E os galegos que non opositan, viaxan. Dende que somos unha nación prozac por mor desta depresión ambiental cada vez máis e máis lonxe. Os viaxeiros máis contumaces son os licenciados. Segundo a universidade da Coruña, houbo 40.000 que viaxaron en calendario laboral nos últimos sete anos. Agora andan ao revés e volven á casa por vacacións, como veremos este Nadal. Teño amigos traballando en Londres, Barcelona, Chicago e Sicilia. Desbotaría que pretendan protagonizar un ‘Galegos polo mundo’.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,