Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 novembre 2011

AGUA, AZUCARILLOS Y AGUARDIENTE

pgg-crownsA monarquía española asiste resignada a súa caída de Casa Usher. O proceso empezouno o propio herdeiro, Felipe, cando teimou en casar cunha rapaza de biografía bastante parecida á de calquera familia de clase media, pero de insuficiente altura nos parámetros dunha homologación morganática. Maquilláronse divorcios e xogos a dúas bandas, posados para portadas de discos, condutas familiares barrocamente sospeitosas e mesmo orixes choferescos. Unha boa parte da opinión pública aceptou tapar o nariz a cambio de colocar sangue vermello nunha casa real, asumindo o asunto coma se casasen unha filla co rapaz dun rico construtor. Elena pasou polas excentricidades do seu home ata que cesou temporalmente a convivencia, conseguindo que o pobo soberano do Hola! deixase fluír as augas toldas. Cristina ten que asumir agora que o mozote triunfador, olímpico e belo co que casou pode verse ante un xuíz por non ser tan espilido como se sabía el e presumía ela. Ambos os están comiscando unha institución que xenera un custo non amortizado máis ca por motivos históricos que parecen alicerces de endeble solidez.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité