
Algunhas vidas privadas son vocacionais. Rubén vivía nunhas dimensións lendarias no Santiago no que os 80 que se despreguizaba da longa noite marcial. Daquela eu tiña 18 anos e horas para derrochar coma se botase Möet Chandon na bañeira, en plan Dennis Hopper con Natalie Wood. Regalaba o tempo a varios grupos de amigos. Fascinábame un deles, un colectivo no que todos eran maiores ca min e insolentemente máis modernos. Tamén compartían, entre eles, a homosexualidade. Sendo os máis vangardistas, rendían un culto desmedido e mesmo...
[Lire la suite]