Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 novembre 2011

UN UNIVERSO DEMASIADO PERFECTO PARA UN POLO A RAIAS

ruiz_zafonEu estaba na capela do Convent dels Angels. Un cento de periodistas e libreiros de todo o Estado atendéramos á chamada planetaria. O traballo da editorial foi belo, preciso, irreprochable: o acondicionamento do templo de elegante gótico, a entrevista sen papeis que desenvolveu Gemma Nierga, a comida berasateguiana na Fonda España, a entrega amable dos anfitrións,... soamente renxía un señor que se presentou cun polo vermello de raias anchas azul mariñas, con escudo evocador, que se esquecera en calquera descarte de últimas rebaixas dun Bershka. O saúdo foi breve e incómodo, de vellos íntimos que non se falan. A actitude, como hai tres anos, foi de perna cruzada apoiando o nocello esquerdo sobre o xeonllo dereito, como agardando a que parenta che forneza da Heineken para gozar da Superbowl na televisión. Alguén debería revisar isto. Como Planeta carece de motivos para renunciar a exhibir o músculo da súa capacidade organizativa e promocionadora, Zafón terá que dobregar a súa introversión paralizante e situarse na disposición do que el mesmo aceptou.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité