Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 novembre 2011

AS MEDIAS DA PIN-UP TERELU

PIN UPUnha monxa prohíbe ao meu fillo e outros 'protomessi' de Ribadeo xogar ao fútbol contra as paredes que gardan a igrexa de Santa María do Campo. Os rapaces desputan os partidos no Campín dos Curas por perpetuar a tradición que arranca de cando Motorín se revelou como carrileiro máis veloz da Mariña. Dende que lles reñe, atopan unha graza maior a petar balonazos contra a parede co sacerdote misando. Todo para experimentar o segredo pracer de ser amonestado por unha persoa cunha autoridade manada da transcendencia, que vai alén de que che rife un panadeiro ou así. O blogueiro Pablo Herreros vén de exercer de monxa afeadora de condutas. Exponse a unha afonía porque o o Campín dos Curas é mal sitio para berrar, dado que sempre foi húmido. Herreros iniciou unha campaña en internet e logrou sentenzar a un despedimento máis que predecible a 'La Noria', un programa de televisión que saltou todos os muros da vergoña. Tal e como fan moitos outros a todas horas; especialmente nesa mesma cadea, pero tamén noutras. Tocoulle a 'La Noria' porque se meteu a xogar co balón contra a parede no sitio máis exposto, no centro do parque temático televisivo, nun espazo que queda á vista no paseo sabatino polo zaping. Esta fin de semana mirarei o programa en plan 'La Noche Temática', porque consistirá nunhas tres horas tratando un asunto sen cortes publicitarios. Dou por suposto que a cortina de fume serán as medias de Terelu, a pin-up serodia de España. Daquela, abandonados no torno polo enxeño narrativo e o espectáculo que nos garanten os anuncios, repararemos cruamente no contido do que estabamos consumindo: unha noria que xira arredor do baleiro.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité