vendredi 18 novembre 2011

AS MEDIAS DA PIN-UP TERELU

Unha monxa prohíbe ao meu fillo e outros 'protomessi' de Ribadeo xogar ao fútbol contra as paredes que gardan a igrexa de Santa María do Campo. Os rapaces desputan os partidos no Campín dos Curas por perpetuar a tradición que arranca de cando Motorín se revelou como carrileiro máis veloz da Mariña. Dende que lles reñe, atopan unha graza maior a petar balonazos contra a parede co sacerdote misando. Todo para experimentar o segredo pracer de ser amonestado por unha persoa cunha autoridade manada da transcendencia, que vai alén de que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,