Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 novembre 2011

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"

"Como imos construír un país se o único debate é como gañar á UPG?", laiábase o sábado ao mediodía un exmilitante do Bloque cerca do parque de Rosalía de Castro. Eu viña de aparcar diante dos xuzgados, que estaban escoltados polos familiares duns romaneses acusados de violación dunha banda e polos achegados duns xitanos aos que se detivera por algo de drogas, penso, doutra. "Con estes, polo menos, falamos de Galicia", continuou o meu amigo coas fazulas saltando lixeiramente pola carraxe. Para a miña sorpresa referíase a dous mozotes -enxeñeiro en algo un deles; Garcilaso de la Vega de nome real, o outro- que encabezaban a lista. O meu interlocutor cambiara de debate e tamén de partido. El pensa que o Bloque está enfermo. Non o formulou con esas palabras, ese foi o diagnóstico de Beiras, en urxencias dun punto de atención primaria. Excusa de buscar especialistas.pompiers-de-paris-feu-action-11 Como bo marxista, Beiras acerta na análise e, como bo alumno dunha universidade francesa, ensaia unha irreprochable posta en escea, exarcebada, dramatizada. Sendo marxista crente, erra na solución. Comprendo que bote en falla a entente aparello/cartel doutrahora, pero a solución non é abandoar ao doente porque daquela teremos epidemia. A enfermidade ben a coñecemos: o esluimento de 30.000 votos cando todo debería ser celebración de acollida de psoecenses na casa comun do progresismo galeguista. A ver ser agora ese papel van asumilo os comunistas que soamente pretenden selo, que apañaron nas febres do socialismo autonomista. Feijoo, que non é parvo como ás veces se teima en caricaturizar con infantilismo e soberbia, convocará eleccións logo que poida porque o amarre vai ser tirante e porque, cando mira ao outro lado do parlamento, ten dous líderes que non arrastran a unhas urnas nin as súas sombras. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité