
O EXMINISTRO do PP Miguel Arias Cañete é un pasaxeiro de última chamada ao que lle sae o avión: "Hai que pasar por riba dos requerimentos legais porque os mercados non agardan". Como aquela primeira vez que visitabas Madrid e a túa moza autóctona che alentaba a saltar canda ela o control de billetes no metro. E ti, novato en transportes públicos e en namoramentos privados porque viñeras de Ribadeo, botabas unha carreiriña de can pasando por riba da barra lixeiro e poderoso coma Usain Bolt. En Lugo aínda non temos metro, debo pagar por...
[Lire la suite]