Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 novembre 2011

MONCHO NON FALABA KINGLÓN

Star-TrekMONCHO FALABA RARO ás veces. Ningún de nós lle prestaba atención porque todo o que tiñamos naquel Ribadeo eran 14 anos e aburrimento preméndonos nos ombros. Moncho continuaba farfullando, mentres nós tratabamos de facer peto para poder escondernos da invernía durante media hora tomando unhas Estrella Galicia no Ribanzo.  Santi trataba de convencernos de que había que cambiar o sistema, cunha linguaxe que nos soaba vietnamita. Sufriamos máis polas mans, que se nos amorataban por comer pipas sen guantes no parque. Moncho seguía ao seu. Eu estaba certo de que os seus monólogos eran en kinglón, a lingua inventada para ‘Star Trek’, porque oíra que uns tipos aprenderan para usalo en congresos. Daquela non había Gloria Lago e ninguén miraba polos transtornos que causan as linguas cativas. Un día, alguén de nós, creo que Jacobo, preguntoulle por aquel idioma que semellaba inspirado nas mensaxes satánicas que revelaban os vinilos de AC/DC se os escoitabas ao revés. Moncho xuntou as mans diante da boca nunha cunca, botoulles alento quente e revelounos que eran discursos de Hitler. Sorprende pensar agora como cambiaron as cousas. Comprendo sen esforzo as mensaxes de Merkel a Rajoy porque lle remite telegramas en euros. O que desconcerta é que o presidente electo siga agochado tras a afasia. Non vaia ser que teñamos que recuperar os kreminólogos tan felizmente xubilados.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité