Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 novembre 2011

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG

MARIANO RAJOY debería pensar en Agatha Ruiz de la Prada como directora xeral de Obras Públicas ou como lle digan. Pídollo dende aquí, metaforicamente axeonllado, porque seica este xornal forma parte do resume que lle pasan os seus colaboradores a diario. Se pensei na, a pesar de todo, esposa de Pedro J. é que porque ela pode dar un brochazo de cores vivas sobre ese gris topo que tanto nos abruma nas viaxes longas. A xente conduce distraída porque avanza sobre unha banda ancha monocolor e tristeira. Antes calculabamos a ollo o tamaño dos cornos dos touros de Domeq, pero todo que nos deixaron agora é mirar as formacións de nubes buscando a combinación da próxima Primitansel adamsiva nos cúmulos e cirros. Tanto ollamos cara o ascendente que ás veces esquecemos que a personas que tamén nos falan de cuestións elevadas están sometidas a regras mundanas. Veu lembrárnolo de vez o alemán que denunciou ao Papa por non poñer o cinto. O denunciante ten unhas gañas de amolar coma outras calquera, pero a súa acción nos permite recoñecer que ninguén escapa ás leis dos homes e, chegado o momento, a atravesar unha liña de revisión na ITV. Estes días nos informaron dunha desigualdade sorprendente. Neste país onde pode ter vehículo de empresa ata os repartidores de Pizzamóvil, o presidente da Real Academia Galega carece de coche oficial, tendo Ferrín que desprazarse nun automóbil particular para desprazamentos relacionados co seu cargo. A Xunta deu en reparar a afrenta, como é lóxico, pero faino entregando un audi cuspidiño a aqueles que se fixeron tan coñecidos na prensa, e non porque os regalase un xornal. Xa me tarda a reacción.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité