mercredi 30 novembre 2011

FRANCO, BACK IN THE USSR

O título da película aclara que estamos a mediados dos 90 en Rusia. Dous delincuentes con zamarras de coiro rouban cinco quilogramos de heroína ao xefe. Na seginte escea, ambos os homes aparecen traxados desempeñando pulcras labouras de funcionarios no Kremlin. O pullitzer David Remnick válese de Zhmurki, para describir a mudanza veloz da ditadura comunista ao capitalismo wildwest en La tumba de Lenin (Debate). Serviría tamén para facer un resumo da transformación da democracia española nunha ditadura máis española en 1939. Como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mardi 29 novembre 2011

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG

MARIANO RAJOY debería pensar en Agatha Ruiz de la Prada como directora xeral de Obras Públicas ou como lle digan. Pídollo dende aquí, metaforicamente axeonllado, porque seica este xornal forma parte do resume que lle pasan os seus colaboradores a diario. Se pensei na, a pesar de todo, esposa de Pedro J. é que porque ela pode dar un brochazo de cores vivas sobre ese gris topo que tanto nos abruma nas viaxes longas. A xente conduce distraída porque avanza sobre unha banda ancha monocolor e tristeira. Antes calculabamos a ollo o tamaño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 28 novembre 2011

A EDICIÓN ESTÁ CHEA DE TRAMPAS

SEBAS E MÁIS eu subiamos dende o fondo do encoro do Belesar, da beira na que está Santo Estevo de Atán, por unha estrada que lembra unha serpe de plastilina deformada. Paramos cabo de dous vellotes para preguntar de irmos correctamente cara a Ferreira. Os señores ignoráronos porque discutían os motivos dun suicidio. Eu nunca discutiría iso porque alguén que comete o único erro irreparable debe ter unha causa coma un elefante okupándolle o cerebro. David Foster Wallace asegura que «o corazón humano está cheo de trampas». «Aburriu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 27 novembre 2011

O CEO ESTÁ EMPEDRAT

HAI COUSAS QUE pagan a pena ser tomadas en serio. Eu teño o polbo en tal celestial estima que fago por non comelo se me atopo fóra de Galicia. Ás veces que o intentei, atopei cunha pasta recocida con ecos cefalopédicos ou unha goma de mastigar que podería entreter a miña impracticable dentadura ao longo dun par de horas. As regras están para ignoralas como ben nos aprendeu Oscar Wilde cando ensinaba o método máis eficaz de superar unha tentación: caendo nela. A semana pasada aceptei unha culler que me tendía un camareiro tras unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 26 novembre 2011

CANDO LORES DI +G, QUERE DICIR +GUILLERME

Lores fíxonos un spoiler do que vai ser o congreso do BNG: "+G", sentenzou usando un acróstico que para o alcalde pontevedrés non significa o mesmo ca para Aymerich. Para Lores, +G significa Máis Guillerme, segundo o principio da dimisión lampedusiá de que a Terra xira para volver logo que pode ao punto de orixe. O rexedor razoa que o Bloque está mantendo a posta ideolóxica nas coordenadas nacionalismo/esquerda, aínda que asume que Galicia ignora o que chaman conciencia nacional, algo sobre o que dubida soamente unha minoría... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,
vendredi 25 novembre 2011

MONCHO NON FALABA KINGLÓN

MONCHO FALABA RARO ás veces. Ningún de nós lle prestaba atención porque todo o que tiñamos naquel Ribadeo eran 14 anos e aburrimento preméndonos nos ombros. Moncho continuaba farfullando, mentres nós tratabamos de facer peto para poder escondernos da invernía durante media hora tomando unhas Estrella Galicia no Ribanzo.  Santi trataba de convencernos de que había que cambiar o sistema, cunha linguaxe que nos soaba vietnamita. Sufriamos máis polas mans, que se nos amorataban por comer pipas sen guantes no parque. Moncho... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

jeudi 24 novembre 2011

ARIAS CAÑETE É UN PASAXEIRO DE ÚLTIMA CHAMADA

O EXMINISTRO do PP Miguel Arias Cañete é un pasaxeiro de última chamada ao que lle sae o avión: "Hai que pasar por riba dos requerimentos legais porque os mercados non agardan". Como aquela primeira vez que visitabas Madrid e a túa moza autóctona che alentaba a saltar canda ela o control de billetes no metro. E ti, novato en transportes públicos e en namoramentos privados porque viñeras de Ribadeo, botabas unha carreiriña de can pasando por riba da barra lixeiro e poderoso coma Usain Bolt. En Lugo aínda non temos metro, debo pagar por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mercredi 23 novembre 2011

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"

"Como imos construír un país se o único debate é como gañar á UPG?", laiábase o sábado ao mediodía un exmilitante do Bloque cerca do parque de Rosalía de Castro. Eu viña de aparcar diante dos xuzgados, que estaban escoltados polos familiares duns romaneses acusados de violación dunha banda e polos achegados duns xitanos aos que se detivera por algo de drogas, penso, doutra. "Con estes, polo menos, falamos de Galicia", continuou o meu amigo coas fazulas saltando lixeiramente pola carraxe. Para a miña sorpresa referíase a dous mozotes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
mardi 22 novembre 2011

A COMBUSTIÓN INTERNA DE RAJOY

Michael Jackson era como Adán e Eva: non tivo infancia e vivía no Paraíso. O cantante creou un parque de atraccións, Neverland, para habitar unha burbulla de felicidade, pero acabou recoñecendo o edén nas inxeccións de Propofol agarimoso. Tanto Jackson coma os personaxes bíblicos foron extraditados do paraíso por erros, aínda que asquea a comparación. Rajoy nace como presidente a xeito dun neno vello, con toda a barba e o regusto amargo que vai deixando a vida coas súas crueldades. Entrará no seu despacho da Moncloa sen tempo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 21 novembre 2011

ENCHER O FRIGORÍFICO, MORRER, BOTAR GASOLINA

"QUE SENTIDO ten chegar do hospital e empezar a escribir unha novela despois de saber que che quedan semanas ou meses de vida?» A pregunta formúlaa o autor finlandés Reko Lundán, que se respondeu con ‘Semanas, meses’ (Faktoría K). Ese libro é un «diario cruzado» desenvolto xunto coa súa muller, Tina, no que elabora unha wikipedia dos sentimentos, fondas angustias e leves alegrías do seu remate. Sabe que lle queda pouco, pero mantén ese impulso de contar que describiu Hemingway meses antes de finar: «Á miña idade, sigo sorprendéndome... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,