dimanche 20 novembre 2011

COMBINADOS DE FAMILIA

VEÑEN MALOS tempos. O motivo nunca o contan os periódicos, tan obcecados cos 500 puntos da prima de risco. A noticia non se publica porque non o é: debemos reunirnos coas nosas familias polo Nadal. Durante o resto do ano citámonos con persoas coas que desexamos compartir unha cea, pero a Noiteboa impón que nos axuntemos a comer cunha compañía indiscriminada, como se todos combinásemos con todos polo simple feito de sermos familiares ou de que unha curmá decidise casar enganadamente. É un falar, pero a súa escolla pode agriarnos un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 19 novembre 2011

E POR QUE NON VOS DEIXADES DE CINISMOS E DECIDES LIXo?

OS ESCRITORES DE literatura infantil e xuvenil somos coma personaxes de Agatha Christie: ricos, elegantes, guapos e sospeitosos da desaparición dun cadáver. Vou xeralizar: temos máis lectores (vendemos máis), agardamos pouco a que nos publiquen, tradúcenos a esgalla, gañamos premios en todo o Estado,... e temos que axeonllarnos con propósito de enmenda porque nos diriximos a uns lectores principiantes, si, pero máis frescos e lixeiros de perxuicios. Sempre se nos representa vestidos para matar, na faciana escura da lúa, como se o... [Lire la suite]

vendredi 18 novembre 2011

AS MEDIAS DA PIN-UP TERELU

Unha monxa prohíbe ao meu fillo e outros 'protomessi' de Ribadeo xogar ao fútbol contra as paredes que gardan a igrexa de Santa María do Campo. Os rapaces desputan os partidos no Campín dos Curas por perpetuar a tradición que arranca de cando Motorín se revelou como carrileiro máis veloz da Mariña. Dende que lles reñe, atopan unha graza maior a petar balonazos contra a parede co sacerdote misando. Todo para experimentar o segredo pracer de ser amonestado por unha persoa cunha autoridade manada da transcendencia, que vai alén de que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 17 novembre 2011

UN UNIVERSO DEMASIADO PERFECTO PARA UN POLO A RAIAS

Eu estaba na capela do Convent dels Angels. Un cento de periodistas e libreiros de todo o Estado atendéramos á chamada planetaria. O traballo da editorial foi belo, preciso, irreprochable: o acondicionamento do templo de elegante gótico, a entrevista sen papeis que desenvolveu Gemma Nierga, a comida berasateguiana na Fonda España, a entrega amable dos anfitrións,... soamente renxía un señor que se presentou cun polo vermello de raias anchas azul mariñas, con escudo evocador, que se esquecera en calquera descarte de últimas rebaixas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 16 novembre 2011

CANDO RUBÉN ERA ROBERT SMITH

Algunhas vidas privadas son vocacionais. Rubén vivía nunhas dimensións lendarias no Santiago no que os 80 que se despreguizaba da longa noite marcial. Daquela eu tiña 18 anos e horas para derrochar coma se botase Möet Chandon na bañeira, en plan Dennis Hopper con Natalie Wood. Regalaba o tempo a varios grupos de amigos. Fascinábame un deles, un colectivo no que todos eran maiores ca min e insolentemente máis modernos. Tamén compartían, entre eles, a homosexualidade. Sendo os máis vangardistas, rendían un culto desmedido e mesmo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mardi 15 novembre 2011

AGUA, AZUCARILLOS Y AGUARDIENTE

A monarquía española asiste resignada a súa caída de Casa Usher. O proceso empezouno o propio herdeiro, Felipe, cando teimou en casar cunha rapaza de biografía bastante parecida á de calquera familia de clase media, pero de insuficiente altura nos parámetros dunha homologación morganática. Maquilláronse divorcios e xogos a dúas bandas, posados para portadas de discos, condutas familiares barrocamente sospeitosas e mesmo orixes choferescos. Unha boa parte da opinión pública aceptou tapar o nariz a cambio de colocar sangue vermello... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]


lundi 14 novembre 2011

ONDE SE METERON OS NOVOS ESCRITORES GALEGOS?

SUSO DE TORO ten morriña de si mesmo hai 25 anos. Co gallo da feliz exhumación de ‘Polaroid’ (Xerais) polo seu cuarto de século recoñeceu que sinte «envexa daquel autor que o escribiu, nunca terei a graza que el tiña». A sentenza é parricidamente certa. Tampouco é que se lle pida outra cousa porque o compostelán agrandou tanto o perfil que nunca se moverá tan lizgairo. O mesmo que lle acontece a Manuel Rivas. Un clásico, obviatemente. Como consecuencia nunca máis leremos a frescura do mariñeiro contando que no barco «había un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [4] - Permalien [#]
Tags : , ,
dimanche 13 novembre 2011

UNHA PÉRFIDA E SA ALBIÓN

OS POLÍTICOS ESTÁN afeitos a escoller entre a menos perxudicial das opcións, polo que agora que andan en campaña nin repararán no que comen. Un apaño calquera e un par de cafés cargados, supoño. Aínda que recoñezo que eu tampouco atendería moito ao que repousa sobre o prato se aspirase a unha subsecretaría, mesmo se arelase un escano; máis que nada polo iPad que lles imos regalar aos señores e señoras da Carreira de San Jerónimo. Os escoceses, galeses e norirlandeses se nutren aínda peor cós políticos en promoción porque hai un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:52 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 12 novembre 2011

UNHA DUCHA ENTRE AS POMBAS QUE ADESTRA TYSSON

O estudo de Quique Bordell está presidido por unha aparatosa batería que non ten máis función ca de permanecer alí porque o pintor nunca toca. Ben, si; ten outra: agochar un precioso cartel que lembra o combate de Frazier e Muhammad Alí en Manila. O venres visiteino e falamos a respecto de Frazier. A Quique non lle interesa o boxeo máis ca por estética, eu tamén amo a posta en escea do ring, pero aborrezo que o árbitro dea a orde de comezar a pelexa. Bordell e máis eu debatiamos ao día seguinte a respecto de Rothko, Pollock e algúns... [Lire la suite]
vendredi 11 novembre 2011

GALICIA NON CHORA, OPOSITA

GALICIA NON chora, aspira a ser funcionaria. E os galegos que non opositan, viaxan. Dende que somos unha nación prozac por mor desta depresión ambiental cada vez máis e máis lonxe. Os viaxeiros máis contumaces son os licenciados. Segundo a universidade da Coruña, houbo 40.000 que viaxaron en calendario laboral nos últimos sete anos. Agora andan ao revés e volven á casa por vacacións, como veremos este Nadal. Teño amigos traballando en Londres, Barcelona, Chicago e Sicilia. Desbotaría que pretendan protagonizar un ‘Galegos polo mundo’.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:41 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,


« Début   1  2  3    Fin »