dimanche 4 décembre 2011

O BO DENTE DE ALADINO

A GUERRA QUE TEMOS por diante, sobre a nosa mesa, é a do sabor. Teimamos en desprezar o tempo e o pracer de comer. Tratamos a media hora que destinamos xantar co despiste consciente de buscar aparcadoiro. Comemos cos ollos, dun xeito case que literal, como consecuencia de pasearnos polo supermercado coma se nos aguilloasen nunha nádega. Collemos o que nos chama á primeira ollada. Os amores a primeira vista adoitan acabar nos xuzgados, algo que dá moitas alegrías aos avogados matrimonialistas, pero que afecta novamente ao pracer do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]