Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 décembre 2011

HEMINGWAY ERA UNHA NENAZA

Ernest_Hemingway_Aboard_the_Pilar_1935HEMINGWAY PADECEU O SEU trienio negro, tres anos durante os que foi unha nenaza. Superouno a base de testoteron en vea. Como bo pescador, unha parte foi real e a outra hiperbolizada. Unha boa carga da segunda desembocou en ¿Por quién doblan las campanas?, que retoma Lumen. O título parece unha retranqueira ofensa nestes tempos nos que esquecemos que existen os suplementos culturais porque as páxinas salmón devoran toda a nosa ansiedade sobre o futuro. Dobran por todos. Hemingway estaba curado contra iso, porque afirma, en Unha festa móbil(Sotelo Blanco), que «a fame era unha boa disciplina artística». De todos os xeitos, o escritor sempre desconfiou da riqueza, como conta Paula Mc Lain en Mrs. Hemingway en París (Alianza), porque lle costou un divorcio. Foi el mesmo quen deixou a Hadley por Pauline, que era bastante máis adiñeirada, pero recoñeceu esa decisión como un pecado no senso máis íntimo e procurador dun arrepentimento. Harry, o protagonista de Las nieves del Kilimajaro se reprocha, cando sente a sombra fría da morte, ter encadeado matrimonios buscando cada vez unha maior concentración de abundancia, nunha confirmación de que Karl Marx coñecía o corazón humano. Harry láiase de que o luxo foi femineizándoo. O horror de descubrir no seu corpo unha combinación de xens XX desesperábao. A fotobiografía Hemingway. Homenaje a una vida (Lumen), de Boris Vejdovsky, concreta o motivo na teima materna de vestir a Ernestiño con roupa de rapaza para equiparalo á irmá. A nai nunca asumiu que parira un macho alfa e acabou por desenvolverlle a cadea de ADN cunha entrega vecina co atavismo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité